O Samsung Galaxy A5 2018 integrará unha pantalla “infinita” de 5,5 polgadas

A gama media premium de Samsung está a punto de recibir a súa actualización anual coa integración de novos modelos da serie A, da cal imos tendos novidades. Segundo parece, o fabricante surcoreano eliminará o A3, o modelo máis pequeno, mentres que o A5 recibirá un importante cambio de deseño.

A partir dunhas imaxes filtradas dos que, supostamente, serían os novos Galaxy A5 e Galaxy A7 2018 podemos confirmar que estaremos ante modelos con pantalla infinita, sen apenas marcos como nos Galaxy S8 / S8+ ou no Note8. Este cambio no tipo de pantalla tamén leva parello un incremento no tamaño, dado que o A5 chegará ás 5,5 polgadas e o A7 ás 6 polgadas.

Por outro lado, parece confirmarse que estes dispositivos non incorporarán a cámara dobre traseira que vimos no Note8, aínda que si teremos un sensor de pegadas dixitais nesta parte posterior.

Con todo, aínda é cedo para coñecer todas as características que levarán os novos modelos de Samsung, dos que agardamos ir descubrindo novas especificacións nas próximas semanas.

About The Author

Reply