WhatsApp permite, por fin, borrar as mensaxes enviadas

De seguro que en máis dunha ocasión enviaches unha mensaxe a algunha persoa ou nalgún grupo de WhatsApp que non deberas ter enviado e lamentaches non ter unha opción para desfacer tal envío. Despois de moito tempo, esta funcionalidade (unha das máis solicitadas pola comunidade de usuarias da popular aplicación de mensaxería) chega de maneira oficial.

Con esta novidade poderemos borrar as mensaxes xa enviadas, con independencia de se a outra persoa xa ten lido ou non o seu contido. O que si, quedará un rastro indicando que a a mensaxe foi borrada.

Esta nova funcionalidade irá chegando a todas as usuarias de WhatsApp nunha actualización que xa comezou a ser despregada, polo que debemos estar atentas ás novidades na Play Store para comezar a disfrutala. Que vos parece?

Máis info | WhatsApp

Sobre o autor

Reply