Samsung Galaxy Tab Active2, a nova tablet de Samsung orientada a empresas

Samsung vén de estrear un novo modelo de tablet optimizado para o entorno empresarial, a Samsung Galaxy Tab Active2, un modelo que incorpora moitas das últimas innovacións tecnolóxicas da compañía surcoreana nun deseño que destaca pola robusted e a resistencia para os entornos industriais.

Conta coa certificación MIL-STD-810, que garante que a tablet é o suficientemente resistente para resistir presións, altas e baixas temperaturas, vibracións e mesmo caídas graves. O seu deseño reforzado, que inclúe unha funda protectora de goma e resistencia IP68 a auga e pó, así como o modo de pantalla táctil mellorado para permitir o uso con luvas e dedos mollados, fan que sexa un produto máis duradeiro en entronos extremos.

Entre as súas vantaxes está a presenza do S Pen, o stylus de Samsung capaz de detectar até 4096 níveis diferetnes de presión, que funciona sen batería e se activa por aproximación. Tamén é resistente á auga, polo que pode empregarse sen problema baixo a choiva ou en condicións de humidade.

Dispón dunha pantalla de 8 polgadas WXGA TFT (resolución 1280 x 800) e no interior temos un procesador propio, o Exynos 7870 (oito núcleos a 1,6 GHz). As memorias son de 3 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis en até 256 GB a través de microSD.

A cámara principal é de 8 megapíxeles e a frontal de 5 megapíxeles, ambas con flash LED. En canto á conectividade, ten soprote para LTE Cat 6 (até 300 Mbps), porto USB 2.0 Tipo C e todo tipo de sensores (acelerómetro, pegada dixital, xiroscopio, xeomagnético, Hall, de proximidade e de luz RGB). A batería queda nos 4450 mAh de capacidade.

Polo de agora descoñecemos cal vai ser o seu prezo, mais imaxinamos que non ha ser especialmente barata dadas as súas especificacións premium.

Sobre o autor

Reply