A BlackBerry Keyone xa está dispoñíbel no noso país da man de Vodafone

Desde que BlackBerry decidiu apostar por Android apareceron varios modelos, aínda que cabe dicir que agora é TCL o fabricante que está detrás da emblemática marca de telefonía ligada ao sector máis empresarial. Un dos últimos modelos da compañía, a BlackBerry KEYone, xa está dispoñíbel no noso país, podéndose mercar a través da operadora Vodafone.

O trebello conta cunha pantalla IPS de 4,5 polgadas con resolución 1620 x 1080 píxeles (434 píxeles por polgada), protexida mediante Corning Gorilla Glass 4. No seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 625, de oito núcleos a 2 GHz, xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 512 GB.

En canto a software, emprega Android 7.1.1 Nougat, xunto coa capa de personalización DTEK, propia de BlackBerry e que inclúe diversas funcionalidades relacionadas coa seguridade e a produtividade. No apartado fotográfico temos unha cámara principal de 12 megapíxeles con flash LED dual de dobre ton e apertura f/2.0, quedando a frontal nos 8 megapíxeles con apertura f/2.2. A batería é de 3505 mAh con carga rápida.

Dispoñibilidade con Vodafone

As clientas profesionais ou autónomos poden disfrutar da BlackBerry KEYone na Tenda Online de Vodafone desde 17€/mes con portabilidade e asumindo un compromiso de permanencia de 18 meses no plan Vodafone One M 120 MB, que inclúe por 52,89 €/mes 10 GB de datos, chat incluído, chamadas ilimitadas e roaming en Europa e USA, fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles, fibra simétrica 120 Mb e Vodafone TV Total 3 meses de balde.

Recóllense outras opcións no seguinte cadro:           

Vodafone One S Vodafone One M Vodafone One L
120Mb 61€/mes 72€/mes 85€/mes
300Mb 65€/mes 76€/mes 89€/mes
Móbil 6GB + Chat incluido+

200 min.

Roaming (U.E.+ EE.UU.)

10GB + Chat incluido +

Chamadas ilimitadas

Roaming (U.E.+ EE.UU.)

20GB + Chat incluido+

Chamadas Ilimitadas

Roaming (U.E.+ EE.UU.)

TV TV Total con HBO

3 meses gratis

(despois 24€/mes)

TV Total con HBO

3 meses gratis

(despois 18€/mes)

TV Total con HBO

3 meses gratis

(despois 12€/mes)

  TV Esencial incluida
Sen TV

(a elixir)

 

1 contido a elixir, 1 año.

 

2 contidos a elixir, 2 anos

Fixo Chamadas ilimitadas a fixos e móbiles e chamadas gratis entre a familia
+ Líneas Liña adicional con chamadas a 0 cént/min e chamadas gratis entre a familia
BlackBerry

Keyone

209€ + 9€/mes 0€ + 17€/mes

 

Sobre o autor

Reply