Xa podemos saltarnos a restrición de borrado de mensaxes en Whatsapp

O borrado de mensaxes de Whatsapp é unha realidade recente, mais non todo era perfecto, pois non podiamos borrar unha mensaxe en calquera momento, senón que temos un tempo marcado para facelo: un máximo de 7 minutos despois do envío.

Pois ben, acaba de ser descuberta unha situación na que non comeza a conta atrás e podemos borrar esta mensaxe máis aló deste tempo marcado pola empresa. Esta eiva consiste en que se temos aberto o menú de eliminación de mensaxes a conta atrás non comeza. Polo tanto, podemos borrar as mensaxes enviadas despois de 7 minutos? Si. É cómodo? Non, pois co menú de borrado aberto non podemos empregar de xeito normal a aplicación.

Esta posibilidade está activa na v.2.17.403 de Whatsapp, pero non sería raro que en vindeiras actualizacións acabaran por parchealo e corrixir esta anomalía, pois de querer deixarnos borrar as mensaxes en calquera momento, esa opción existiría pero non é así.

Sobre o autor

Reply