Xperia XA1 Ultra, o terminal de Sony para competir na gama media

Sony vén de presentar o Xperia XA1 Ultra, que chega para sustituir ao Xperia XA Ultra de 2016. Entre as novidades deste novo terminal, queremos destacar:

  • Novo procesador MediaTek de oito núcleos MT6757 Helio P20, até 2,3 Ghz.
  • GPU Mali-T880MP2.
  • 32 ou 64 GB de almacenamento interno.
  • 4 GB de RAM.
  • Cámara principal de 23 MP con apertura f/2.0. con estabilizador de imaxen, tamén na camara
  • dianteira.
  • Conector USB Type-C.
  • E manten a súa pantalla de 6″ fHD.

En canto ao deseño, destamos a case desaparición de marcos laterais aínda que todavía atopamos uns enormes marcos superiores non asumíbeis nos tempos que corren. Polo demáis, é un terminal cun coidado deseño típico de Sony e con potencia dabondo para ter unha boa experiencia multimedia, podendo xogar aos útlimos xogos do mercado en problema algún.

O Sony Xperia XA1 podémolo atopar en 4 cores diferentes (ouro, branco, negro e rosa) por un prezo de 399€.

Sobre o autor

Reply