Probamos Astromod, unha aplicación para alugar roupa

Estes días estivemos a probar Astromod, el armario de tu mejor amiga unha nova comunidade na que poderedes atopar roupa en alugueiro para empregar nesa ocasión “que non temos nada para poñer”.

Na app, podemos atopar moitos tipos de roupa que as usuarias comparten de xeito desinteresado ou non. Esta decisión é tomada pola dona da prenda e decide se quere cobrar polo alugueiro; iso sí, tede en conta que polo de agora, a app non conta cunha plataforma de pagos integrada. O pago farase no momento da entrega da roupa ou cando se devolva, segundo acorden as usuarias.

Funcionamento de Astromod

Cando decidimos expoñer a nosa roupa, temos que crear unha ficha de xeito moi sinxelo, onde pór a talla, o estado da roupa, ou calquera descripción da mesma que resulta de interese, tal e como vemos na catpura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao ser unha app de alugueiro un punto básico para axilizar o proceso, é que contamos un calendario onde vemos se na data precisamos a ropa, esta xa esta alugada ou non. Deste xeito, se a roupa non está dispoñíbel na nosa data, podemos seguir buscando.

Para rematar, unha vez reservada a prenda, teremos acceso a un chat privado no que falar coa dona da prenda onde plantexar todo tipo de dúbidas que teñamos.

Ademáis, contamos cun filtro para asi atopar roupa en base a diferentes criterios: prezo, talla, cor e mesmo marca.

O bo funcionamento da comunidade Astromod, baséase na confianza. As moderadoras da app chamando ao civismo e animando a denunciar na app, conductas non axeitadas (non cumprir cos plazos de entrega/devolución, devolver a roupa en mal estado,…) e así eliminar entre todas ás usuarias non se saben comportar.

Astromod é app de recente aparición polo que a súa base de usuarias esta medrando día a día que cubre unha necesidade, o alugueiro de roupa a prezos moi accesíbeis. Se estades interesadas nesta aplicacións, cómpre saber que a podedes atopar de balde na Play Store.

Play Store | Astromod

Sobre o autor

Reply