R mellora as súas tarifas de móbil, desta vez sen subir os prezos

Despois de 2 anos de continuas subas de prezo para actualizar os servizos, a operadora galega R vén de anunciar un incremento de minutos e gigas nas súas tarifas de móbil, máis desta volta sen custo extra algún. Semella que o obxectivo é frear a fuga de clientes nos últimos meses, polo que a partir do próximo mes de decembro as tarifas quedarán como vos indicamos a continuación:

  • A Plana+6GB sube até os 15GB.
  • A Plana+10GB pasará a ofrecer 25GB.
  • A Plana+5GB mellora ofrecendo 10GB.
  • A Tarifa 200+8GB, pasará de 200 minutos a ter chamadas ilimitada e 10GB.
  • A Tarifa 200+3GB, sube até 5GB, mantendo o número de minutos para gastar.

Esta vindeira actualización de servizos non só pretende mellorar a actual oferta, se non que tamén aprecerán novas tarifas para tentar chegar a todo tipo de clientas. Por iso, R vai ofrecer estas dúas novidades. Por 16€ ao mes, temos 200 minutos e 4GB e por 20€ teremos 500 minutos e 5GB. Ademáis, R pasará a ser a primeira operadora do estado en ofrecer unha tarifa Plana+50GB, por 45€/mes.

Lembrade, que as clientas de R que contan ademais cun servizo fixo, teñen sobre estes prezos un desconto na liña móbil.

No caso das tarifas adicionais, ou tarifas R, tamén haberá cambios incrementando o número de gigas que nos ofrecen. Así, a tarifa R 10GB mellorará até os 15GB, mentres que a tarifa R 5GB pasará a ofrecer 6GB. Neste punto, tamén contamos cunha nova oferta, pois lanzará dúas novas tarifas adicionais. Así, móbilR engadirá unha tarifa R con chamadas ilimitadas e 50GB por só 36€, outra con chamadas ilimitadas, 10GB e 16€ e unha máis con 150 minutos e 3GB por 9€.

A todas estas melloras en móbil, temos que engadir unha máis en fixo. A velocidade mínima dos combos que estaba en 50 megas, pasará a 60 megas. Para o resto de posibilidades, non se agardan incrementos.

Todas estas novidades chegarán a partir do 22 de decembro de xeito automático a todas as clientas da operadora.

Sobre o autor

One Response

  1. Roi 28 Novembro, 2017 Responder

Reply

Deixa una resposta a Roi Cancelar a resposta