Novos wearables de Visa para os Xogos Olímpicos de Inverno de PyeongChang 2018

Visa, como socio exclusivo de tecnoloxía de pagos móbiles nos Xogos Olímpicos e Paraolímpicos, anunciou hai uns días a dispoñibilidade no mercado de tres novos dispositivos de pagos wearables centrados na filosofía dos Xogos de Inverno. Trátase de luvas, colantes conmemorativos e pins, todos eles incorporando tecnoloxía contactless (NFC) para permitir a atleas e fans efectuar pagos de forma instantánea e segura achegando calquera das prendas a un TPV contactless.

Para levar esta iniciativa a cabo Visa aliouse con Lotte Card, a sección financieira dos grandes almacéns surcoreanos Lotte Department Store, quen se encargou de deseñar e fabricar os novos wearables, xa dispoñíbeis en Corea do Sur desde hai uns días. Entre estas prendas inclúense:

  • Pins conmemorativos dos XXOO. Inspirados nos pins de solapa que se ven nos Xogos Olímpicos, Visa deseñou catro pins exclusivos para PyeongChang 2018, un coleccionábel de recordo adaptado aos pagos contactless durante a competición. Custarán uns 4 € ao cambio e funcionarán con crédito prepago de entre 23 e 39 euros.
  • Luvas de pago. Cunha temperatura de 3,8 ºC, PyeongChang será un bo escenario para usar unhas luvas. Por iso deseñaron tamén unha prenda equipada cun microchip dual que permitirá efectuar pagos en todas as instalacións olímpicas previa recarga dun crédito de entre 23 e 39 euros.
  • Colantes. Finalmente, tamén haberá microcolantes que poderán fixarse a case calquera superficie para facer pagos sinxelos e inmediatos. Haberá 8 deseños e levarán diferentes opcións de saldo xa precargado.

Como xa avanzamos, todos estes wearables de pago xa están dispoñíbeis nas tendas oficiais dos Xogos Olímpicos e, durante a celebración dos mesmos, poderán mercarse tamén en máquinas expendedoras da zona olímpica.

Sobre o autor

Reply