Samsung Rewards: pagar con Samsung Pay agora ten premio

Xa pasou máis dun ano desde que Samsung puxo en marcha o seu sistma de pagos móbiles, Samsung Pay, no noso país. Desde entón foron varios os bancos e outras entidades de crédito as que se sumaron á plataforma, da que hoxe forman parte Abanca, Banco Sabadell, Caixabank, Imaginbank, Banco Santander, Openbank, WiZik e El Corte Inglés.

Co fin de fidelizar a todas as usuarias da plataforma, así como tamén para potenciar o uso entre as persoas máis reticentes a empregala, o fabricante surcoreano vén de estrear un programa de recompensas, Samsung Rewards, que xa está operativo no noso país.

Con Samsung Rewards, cada compra que se faga con Samsung Pay acumulará puntos que posteriormente poderán ser canxeados por agasallos, e cantas máis compras se fagan máis rápido será que acumulemos puntos. E é que Samsung distinguirá tres tipos de perfís ou categorías:

  • Bronce. É a categoría base e ofrece 10 puntos por cada pago.
  • Prata. Accédese a ela facendo máis de 10 pagos ao mes, e suma 15 puntos por cada pago.
  • Ouro. É a categoría de maior nível, á que accederemos se facemos máis de 20 compras ao mes. Neste caso outórganse 20 puntos por pago.

E que podemos conseguir con estes puntos acumulados? Pois segundo informou Samsung, haberá un catálogo de regalos ao que accederemos con estes puntos, catálogo que de momento non está dispoñíbel, polo que a estas alturas resulta difícil saber se compensa ou non este novo sistema.

En calquera caso, como promoción de benvida, as compras realizadas até o día 6 de xaneiro teñen recompensa, pois acumularán o dobre de puntos.

Sobre o autor

Reply