Abanca estrea o seu “wallet” de pago móbil e incorpora Masterpass para toda a súa clientela

Logo de terse convertido nunha das primeiras entidades financieiras en apuntarse aos pagos móbiles da man de Samsung, a través de Samsung Pay, Abanca vén de dar un paso máis extendendo os pagos móbiles a todos os seus clientes co  lanzamento do seu sistema “wallet”, que ademais tamén incorpora a funcionalidade Masterpass para simplificar as compras online.

Este novo servizo de carteira dixital está dispoñíbel a través da aplicación de pagos de móbil a móbil da entidade financieira galega, Abanca Pay, e é totalmente gratuíto. Poderanse asociar a este servizo calquera tarxeta VISA ou MasterCard do banco galego, que se cargarán de forma directa na app sen ter que introducilas manualmente. Unha vez cargadas estas tarxetas, pedirásenos establecer un PIN para realizar os pagos de máis de 20 euros.

Masterpass

A actualización da app de pagos Abanca Pay tamén incorpora como novidade Masterpass, uo novo sistema de pagos online que simplifica as compras electrónicas. Naqueles comercios que o incorporan, as clientas de Abanca poden seleccionar este sistema á hora de proceder ao pago e escoller a entidade Abanca. Inmediatamente recibirá unha notificación no móbil que permitirá aceptar o pago.

Servizos xa dispoñíbeis

Estes dos novos servizos, pagos móbiles e Masterpass, xa están dispoñíbeis para todas as clientas de Abanca coa última actualización de Abanca Pay, aplicación complementaria da de Abanca. De todos os xeitos, para poder realizar os pagos móbiles é preciso contar cun modelo de Android con versión 4.4 ou superior e dispór de tecnoloxía NFC.

Play Store | Abanca Pay

Sobre o autor

Reply