O Xiaomi Mi A1 recibe a súa ración de Oreo

As usuarias dos Xiaomi Mi A1 están de noraboa, pois xa está dispoñíbel a OTA que permite actualizar os terminais a Android 8.0 Oreo, a última versión de Android dispoñíbel. Isto é posíbel grazas á alianza entre Google e Xiaomi, que permite actualizar o dispositivo en pouco tempo, coua que non acontece nin cos terminais máis punteiros que podemos atopar agora no mercado.

Como sempre, estas actualizacións non chegarán ao mesmo tempo a todos os mercados, mais ao tratarse da actualización oficial é cuestión de días que chegue a cada un destes terminais.

Cómpre lembrar que o Xiaomi Mi A1 é o mesmo terminal ca o Mi 5X, aínda que co factor diferencial de levar Android stock, o que fai que sexa moito máis atractivo cá versión con MIUI 9. Isto apunta a que existe unha ampla demanda deste tipo de terminais pola súa predisposición a recibir as últimas actualizacións do ecosistema Android.

Sobre o autor

Reply