Skagen Falster, un novo reloxo intelixente que aposta por Android Wear

O 2017 foi o ano no que Android Wear recibiu un importante lavado de cara coa chegada da versión 2.0, unha das máis importantes (e agardadas) na versión de Android orientada a reloxos e outros wearables de pulseira. Porén, no apartado hardware, non houbo grandes novidades, mais aló do Watch 2 de Huawei ou o Fossil Q, que pasaron bastante desapercibidos fronte as opcións de Samsung con Tizen.

Este ano comeza co lanzamento dun novo reloxo que aposta por Android Wear. Trátase do Skagen Falster, un trebello no que destaca o deseño minimalista, mantendo na parte hardware unhas características técnicas semellantes a todo o que hai até o de agora; de feito, o procesador é o Snapdragon 2100, o máis empregado nesta gama de produto.

Está previsto que se poña á venda nas próximas semanas en tres acabados: o modelo con esfera negra e correa de coiro custará 299 euros, mentres que as versións en prata e dourada ascenderán a 329 euros.

Sobre o autor

Reply