Huawei renova a súa gama media co novo Huawei P Smart

Huawei anunciou esta semana a renovación do seu portfolio de gama media co lanzamento dun novo dispositivo, o Huawei P Smart. Trátase dun trebello que conta cuns acabados de boa calidade e unhas prestacións que lle outorgan un bo rendemento, seguindo a estela dos actuais P8 Lite (2017) e P10 Lite.

O dispositivo incorpora unha pantalla de 5,65 polgadas de tipo LCD IPS con resolución Full HD+ e unha proporción de aspecto 18:9, que semella ter chegado para quedar. No seu interior atopamos un procesador Kirin 659 de oito núcleos, dos cales catro van a 2,36 GHz e catro a 1,7 GHz, xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna.

No apartado fotográfico temos unha cámara traseira dual formada por un sensor de 13 megapíxeles e outro de 2 megapíxeles, cos que conseguir o efecto bokeh selectivo, mesmo despois de ter feito a foto. Por outro lado, na frontal temos unha cámara de 8 megapíxeles.

Leva lector de pegada dixital, jack de audio 3.5 mm, conector microUSB e unha batería de 3000 mAh de capacidade. En canto a software temos Android 8.0 Oreo con EMUI 8.0.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Huawei P Smart estará dispoñíbel a partir do 1 de febreiro no noso país por 259 euros, e poderase mercar en tres cores, negro dourado e azul.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Eu 18 Xaneiro, 2018 Responder

Reply