Vodafone One Light, a proposta converxente “low cost” de Vodafone

Tradicionalmente campañas como as de Nadal acaban por dar resultados positivos ás operadoras, porén Vodafone non está a pasar polo seu mellor momento en canto á captación de clientes ao non ter, na súa marca principal, unha opción económica que chame a atención, ao estilo da proposta de Movistar “Fusión #0”.

Para pór fin a isto nace Vodafone One Light, unha nova tarifa de contratación – a priori – temporal que mellora as principais alternativas da competencia ao ofrecer un produto converxente por 45,05 euros ao mes, prezo final. Por esa cantidade as usuarias que elixan a compañía vermella poderán disfrutar dos seguintes servizos:

  • Internet: 50 megas simétricos (ou ADSL).
  • Fixo: chamadas ilimitadas a fixos e móbiles.
  • Móbil: unha liña móbil con chamadas ilimitadas, 3  GB de datos, Chat Pass (co que os servizos de mensaxería como WhatsApp ou Telegram non consumen datos da tarifa) e roaming europeo e nos Estados Unidos.

A todas estas opcións hai que sumar a posibilidade de mercar un terminal e pagalo a prazos, asumindo tamén unha permanencia. Porén, como xa comentamos antes, esta nova opción ten un pequeno “pero”, que é que unicamente imos poder contratala até o próximo 28 de febreiro, incluído, mais imaxinamos que se funciona será unha oferta recorrente que acabará por formar parte do catálogo definitivo de tarifas da compañía.

Máis info | Vodafone One Light

Sobre o autor

Reply