VLC engade soporte para Chromecast na súa última beta

VLC é para moitas un dos mellores reprodutores de vídeos, tanto na súa versión para ordenadores como na aplicación de Android. Na súa última beta engade unha nova funcionalidade que ten como principal obxectivo mellorar aínda máis as súas prestacións no camiño de termos un reprodutor case perfecto: o soporte para Chromecast.

A versión 29 da súa beta inclúe diversas novidades, aínda que a que máis chama a atención é o citado soporte integrado para Chromecast. Deste modo, cando esteamos a reproducir un vídeo no noso móbil poderemos premer no simboliño de “cast” para enviar o contido á nosa televisión a través do Chromecast. Polo de agora aínda funciona “daquela maneira”, pois en ocasións os vídeos non conservan a orientación correcta, algo que imaxinamos xa estará arranxado na versión final.

Outras novidades

Ademais desta novidade, a última beta de VLC engade soporte aos Chromebooks compatíbeis con aplicacións Android e ao Samsung DeX, accesorio de Samsung que transforma os nosos Galaxy S8, Galaxy S8+ e Galaxy Note8 nun sistema de escritorio.

Play Store | VLC Beta

Sobre o autor

Reply