bq consolídase como terceiro fabricante máis vendido no estado

Nun sector cada vez máis polarizado como é o da telefonía móbil, con grandes empresas globais copando o mercado, o fabricante español bq vén de rematar un dos mellores anos da súa historia, ao conseguir no 2017 aumentar a cota de mercado tanto en total market (operadoras e libre), como no mercado libre.

Segundo recolle o informe anual de IO Investigación, unha das principais firmas en estudos de mercado no sector das telecomunicacións e electrónica de consumo do estado, bq conseguiu unha cota do 10,3 % en número de unidades, crecendo 2,1 puntos con respecto ao 2016. Ademais, bq consolídase como o terceiro fabricante máis vendido en España, por detrás de Samsung (que lidera o mercado cun 26,7 % de cota) e Huawei (16,8%). A tendencia intraanual tamén foi moi positiva para bq, xa que no segundo semestre superou en 3 puntos o primeiro terminando o ano cun 10,8 % de cota.

Gran parte dese éxito débese á importante renovación da gama levada a cabo polo fabricante no pasado ano 2017, por unha banda cos novos Aquaris U2 e Aquaris V como modelos de referencia na gama media, con Android stock, cámara superior á media na súa gama e carga rápida como principais atractivos, e por outra coa nova serie Aquaris X / X Pro, dous dispositivos de gama media – premium orientados a un público máis exixente que ademais de prestacións busca deseño, e que abren a porta a unha gama alta dentro de bq, extratexia que o fabricante aínda non explorou até o de agora.

Sobre o autor

No Responses

Reply