Jazztel tamén encarece as súas tarifas para o 2018

Pouco a pouco todas as telecos foron anunciando as súas subas de prezo para o 2018, e Jazztel non ía ser menos. A compañía destaca polos seus prezos axustados, mais iso non quita que teñan previsto subir a cota 3 €/mes a cambio de engadir 2 GB de datos adicionais.

Ademáis, o peor deste cambio é que afectará aos clientes que teñan contrato coa compañía antes do 10 de outubro do ano pasado, e dicir a marioría dos clientes que non están suxetos ás novas tarifas lanzadas para o Nadal.

Os cambios son os seguintes:

  • Aumenta a cota de línea, pasando de 22,99€ a 25,99€ e para compensar danse 2 GB no móbil.
  • Adicional 4, sobe 1€ e engade 50 min e 1,5 GB.
  • Adicional 8, sobe 1€ e engade 150 min e 3 GB.
  • Adicional 8+, sobe 2€ e engade 4 GB.
  • Adicional 12, sobe 3€ e engade 4 GB.
  • O establecemento de chamadas pasa a ser de 30ctms.
  • Unha vez rematado o bono de minutos contratado, cada minuto extra custará 25 ctms, e non 22 ctms coma até o de agora.
  • As SMS, custarán 25 cts por cada unha.
  • E os packs de datos, pasarán a custar 2€ por cada 100 MB extras.

Se sodes clientas de Jazztel, dádelle unha volta ás novas tarifas e se cadra compensa pasarse a unha das novas WOW comercializadas coma vos diciamos antes durante os meses finais do ano pasado. As novas condicións comezarán a aplicarse o 15 de abril, polo que tedes até esa data para estudar que tarifa vos interesa.

Sobre o autor

Reply