Samsung explica por que paralizou o lanzamento de Oreo aos S8 / S8+

A semana pasada algunhas usuarias dos Galaxy S8 e Galaxy S8+ de Samsung comezaron a recibir a actualización a Android 8.0 Oreo, a última versión do sistema operativo. Isto colleu por sorpresa a máis de un, xa que nas últimas semanas indicárase que serían as persoas que participaron no proceso beta as primeiras en actualizar, pero finalmente chegou a usuarias finais sen previo aviso.

Apenas dous días despois do seu lanzamento, e sen previo aviso, confirmouse a paralización do proceso de actualización a Android 8.0 Oreo, de maneira que os ficheiros foron eliminados e deixaron de estar dispoñíbeis para a súa descarga.

Cal foi a razón? Samsung vén de confirmar que detectaron un número limitado de dispositivos que sufriron reinicios inesperados logo de ter recibido o novo software e, malia ter sido casos moi illados, preferiron facer unha última revisión antes de levar a cabo a actualización total dos dispositivos.

En calquera caso, os terminais que xa foron actualizados poden seguir empregando o novo software e disfrutando das anovidades desta versión de Android sen problema.

Sobre o autor

Reply