Descubrimos o LG V30S, cargado de IA como principal novidade

LG anunciou hai unhas semanas que non ía seguir aos seus competidores e sacar un teléfono sen ter realmente algo novo que amosar. Deste modo cambia a estratexia por unha na que as funcións software cobran todo o protagonismo, achegando novidades ás usuarias por esta vía.

O produto estrela de LG neste Mobile é o LG V30S ThinQ, unha versión derivada do seu V30, con pequenos cambios en hardware pero moitas novidades grazas á integración de sistemas de Intelixencia Artificial. Comezando polo primeiro, os cambios en hardware témolos nas memorias, pasando a ter 6 GB e de RAM e 128 GB de memoria interna.

No apartado da intelixencia artificial temos que destacar dous aspectos, Vision AI e Voice AI. O primeiro deles está vencellado á camara, axudándonos a sacar mellores fotos ao empregar a intelixencia artificial para descubrir que temos diante da lente. Por outro lado, con VOice AI melloran os comandos de voz, cun alto nivel de integración con Google Assistant para facilitar  moitas labores, integrándose co ecosistema de entretemento e electrodomésticos da marca surcoreana.

Especificacións

O LG V30S está equipado cunha pantalla de 6 polgadas con formato 18:9, resolución QuadHD+ OLED FullVision e leva un procesador Qualcomm Snapdragon 835 (4×2,4 GHz) e Adreno 530. Na parte posterior ten dúas cámaras, unha de 16 megapíxeles con apertura f/1.6 con estabilización óptica e outra gran angular de 13 Mpx (f/1.9) e 120 graos.

Como xa comentamos, o V30S diferénciase do V30 en que pasa a ter 6 + 128 GB de RAM e memoria interna fronte os 4 + 64 GB do modelo estándar. Sobre a súa dispoñibilidade, sabemos que chegará no mes de marzo a Corea e, pouco tempo despois, ao noso país.

Sobre o autor

Reply