O MediaTek Helio P60 presentouse no MWC18

Durante o congreso internacional que se está a celebrar en Barcelona, MediaTek presentou o seu novo SoC que contará cun sistema multi núcleo de procesamento IA e a tecnoloxá NeuroPilot IA, chamado Helio P60.

Este novo sistema conta con 4 núcleos Cortex A73 a 2.0 Ghz e outros 4 Cortex A53 tamén a 2 GHz que mellora até o 70% o rendemento da CPU respecto aos antecesores e outro 70% de mellora para a GPU. Ademáis da mellora de rendemento, tamén é moito máis eficiente grazas a arquitectura de 12nm que permite optimizar o uso da batería conseguindo mellores autonomías.

O SDK de NeuroPilot e compatíbel con Android NNAPI e moitas outras estructuras comúns de IA o que facilita o traballo dos desenvolvedores de apps de IA.

Se comparamos este P60 cos anteriores da serie P, vemos coma os tres procesadores de sinal de imaxe do P60 empregan até un 18% menos de enerxía para configuracións de doble cámara. Tamén poderemos desfrutar de experiencias totalmente novidosas, coma poden ser as superposicións de imaxes, pre visualización de vídeo, embelecemento de imaxes,… todas elas a tempo real.

En canto á conectividade o Helio P60 inclúe un módem 4g LTE WorldMode, doble 4G VoLTE e outras tecnoloxías que fan que os terminais equipados con el, non teñan problemas de conexión baixo calquera rede do mundo.

Este chipset comezará a estar presente nos terminais que saian ao mercado a partir do segundo trimestre do 2018.

Sobre o autor

Reply