Movistar Home: así é como Telefónica imaxina o teléfono fixo do futuro

Durante o Mobile World Congress que se celebrou estes días en Barcelona e que remata hoxe, Telefónica presentou o seu xeito de enteder o teléfono fixo que entrará nos nosos fogares no futuro. Movistar Home será un terminal con Aura, a nova plataforma de intelixencia artificial da compañía, o que vén a ser un asistente dixital co que interactuar para empregar os servizos da compañía.

 

Este novo aparello que pretenden introducir nas nosas casas será o centro de todo o ecosistema de dispositivos intelixentes que teñamos instalados no noso fogar, ao que poderemos pedirlle que faga cousas por nós, como prender as luces ou a tele, cambiar de canle de TV, modificar a configuración do router… ah! e tamén facer chamadas telefónicas. Pero ademais estas chamadas poderán ser videochamadas que, se queremos, poderemos lanzar ao televisor para ter unha experiencia moito máis novidosa.

As funcionalidades deste aparello non rematan acó, senón que ademais será o xeito máis sinxelo para comunicarse con Movistar. Sobre o papel, Home pinta moi ben, pero haberá que agardar ao seu lanzamento para probalo, xa que na feira a demo era limitada.

Sobre a súa dispoñibilidade, Movistar ten previsto que chegue en outono ao noso país, ademais de outros lugares onde presta servizo a compañía con algunha das súas marcas, como Arxentina, Brasil, Chile ou Alemania.

Sobre o autor

Reply