Archos Core S, a nova serie de teléfonos Archos desde 75 euros

Ademais de anunciar o primeiro scooter con Android do mercado, o fabricante francés Archos tamén aproveitou o Mobile World Congress para anunciar tres novos teléfonos da “serie S”, terminais sinxelos que parten dos 75 euros destinadas a usuarias que non precisan moito do seu móbil.

Archos Core 57S

O primeiro destes modelso é o Archos Core 57S. Conta cunha pantalal de 5,7 polgadas con resolución HD, e no interior leva un procesador de catro núcleos, 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna. As súas cámaras son de 8 e 2 megapíxeles e a batería de 2500 mAh de capacidade.

Este modelo é o único que se atopa dispoñíbel nestes momentos, podéndose mercar por 99,99 euros.

Archos Core 60S

Sendo un modelo sinxelo, é o modelo máis ambicioso dos tres. O primeiro polo que destaca é pola súa pantalla de 6 polgadas, iso si, con resolución HD+. No interior temos un procesador de catro núcleos, xunto con 2 GB de RAM e 16 GB de interna.

No apartado fotográfico, na parte posterior temos unha cámara dobre formada pola combinación de dous sensores (13 + 2 megapíxeles), mentres que na parte frontal temos unha cámara de 5 megapíxeles. A súa batería é de 3000 mAh.

O Core 60S chegará ás tendas o próximo 29 de marzo por 129,99 euros.

Archos Core 55S – 29 marzo, 75,99 euros

Por último, o Archos Core 55S é o modelo máis sinxelo de todos. Está equipado cunha pantalla de 5,5 polgadas, aínda que no tamaño dos modelos de 5 polgadas da marca de hai un tempo atrás.

No seu interior temos un procesador de catro núcleos, xunto con 1 GB de memoria RAm e 16 GB de capacidade de memoria interna, ampliábeis a través de tarxetas microSD. As súas cámaras son de 8 megapíxeles (traseira) e 2 megapíxeles (frontal), e a súa batería de 2300 mAh.

É o modelo que se porá á venda máis tarde, concretamente o 29 de marzo. O seu prezo será de 74,99 euros.

Sobre o autor

Reply