Honor 7C, unha nova aposta para a gama entrada

Honor vén de anunciar na China o lanzamento dun modelo de gama entrada, o Honor 7C. A diferenza de práctica totalidade dos dispositivos da marca que ven a luz nos últimos tempos, este aposta por integrar un procesador de Qualcomm, o Snapdragon 450, e non un Kirin de Huawei.

O Honor 7C está equipado cunha pantalla de grandes dimensións. Trátase dun panel IPS LCD de 5,99 polgadas con resolución HD+ (1440 x 720 píxeles) e un ratio de pantalla 18:9. No seu interior leva, como xa dixemos, o procesador Qualcomm Snapdragon 450, con GPU Adreno 506 e opcións de 3 + 32 ou 4 + 64 GB de RAM e memoria interna, ampliábeis por microSD de até 128 GB.

No aspecto fotográfico temos unha cámara traseira dual, formada por sensores de 13 e 2 megapíxeles, e na frontal un sensor de 8 Mpx. Ademais leva unha batería de 3000 mAh, lector de pegadas dixitais, dual SIM (pódense usar dúas tarxetas SIM ou unha SIM e unha microSD) e Android 8.0 Oreo con EMUI 8.

Dispoñibilidade e prezo

O Honor 7C poderase mercar en varias cores (vermello, negro, dourado ou azul) por uns 115 euros ao cambio na combinación de 3 + 32 GB e por arredor de 165 euros a versión de 4 + 64 GB.

Sobre o autor

Reply