FreedomPop elimina a tarifa gratuíta e sube os prezos das de pago

Pasaron case dous anos desde que a operadora estadounidense FreedomPop desembarcou no mercado español cunha proposta innovadora até ese o momento: unha tarifa fremium. Este plan, chamado “Básico 200”, ofrecía 100 minutos de voz, 200 MB e 300 SMS ao mes sen custe algún, o que supuxo unha verdadeira revolución.

Porén, esta oferta ten os días contados, pois a compañía ten previsto eliminar este plan para sustituílo pola tarifa “Esencial”, que incluirá 200 minutos, 300 MB e 300 SMS por 2,99 euros, o que supón a fin da tarifa que lle permitiu darse a coñecer. Faino alegando o “aumento de fraude” e os abusos, e está previsto que aconteza a partir do 1 de maio.

Outras tarifas que suben

Por outra banda, os plans de pagamento tamén subirán. O plan “1 GB Premium”, que ofrecía 1 GB e 200 minutos por 4,99 euros pasará a ter desde o 1 de maio as mesmas condicións pero pagando 7,99 euros, e o plan “2 GB Premium” (2 GB, chamadas e SMS ilimitadas) pasará de custar 8,99 a 10,99 euros. Seguen a ser tarifas moi atractivas se as comparamos coas ofertas da competencia, pero a suba é importante.

Ademais créase a tarifa “3,5 GB Premium”, que ofrece por 11,99 euros ao mes un total de 3,5 GB de datos e chamadas e SMS ilimitadas. Esta tarifa é gratuíta durante o primeiro mes, co obxectivo de animar á xente a pasarse a ela.

Que pasará agora?

Eliminar a que até o de agora foi a tarifa “gancho” da compañía seguramente teña sido o peor erro que puido cometer a operadora, e nos tememos que o comezo da súa fin. Nun mercado tan copado de opcións como é o da telefonía móbil, con ofertas para todos os gustos competindo por un nicho de mercado limitado, non ter algo que che faga especial é ser un máis.

Veremos en que queda o conto dentro duns meses.

Sobre o autor

Reply