Másmóvil inicia a migración á rede de Yoigo e engade máis gigas nalgunhas tarifas

Pepephone atópase en pleno proceso de migración da súa clientela desde a rede de Movistar á de Yoigo, como consecuencia da compra de ambas compañías por parte de Másmóvil. Porén, agora é a marca que dá nome ao grupo a que inicia un camiño semellante, facendo que as súas usuarias pasen de estar baixo a cobertura de Orange a facelo na de Yoigo.

Desde esta mesma semana, as novas usuarias de Másmóvil empregarán a cobertura de Yoigo, mais o cambio das actuais clientas non se producirá até o próximo mes de xuño, no caso de ser de contrato, ou de setembro se se trata de contrato. A partir dese momento, iranse enviando novas tarxetas SIM que sustitúen ás actuais e, polo tanto, empregan a nova rede.

Como xa é coñecido, Yoigo ten unha cobertura inferior á dos outros tres operadores con rede propia (Vodafone, Movistar e Orange), e neste tempo ronda o 85% do territorio estatal, polo que precisa apoiarse noutras redes para prestar un servizo de calidade. Cando a rede de Yoigo non esté dispoñíbel, as usuarias conectaranse nen primeira instancia á de Orange e, de non ter servizo, á de Movistar.

Novas tarifas

Másmóvil tamén está a levar a cabo unha renovación no apartado das tarifas, neste caso co obxectivo de ampliar a oferta con máis datos para dar resposta ás demandas das usuarias. Deste modo, as novas tarifas de só móbil quedan como segue:

  • Chamadas ilimitadas, sen datos: 9,90 €/mes.
  • Chamadas ilimitadas + 600 MB por 12,90 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 3 GB por 19,90 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 5 GB por 21,90 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 8 GB por 24,90 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 12 GB por 28,90 €/mes

Por outra banda, as tarifas converxentes tamén reciben máis datos, quedando como segue:

  • ADSL / Fibra 50 Mbps + chamadas ilimitadas + 3 GB por 39,89 €/mes
  • ADSL / Fibra 50 Mbps + chamadas ilimitadas + 5 GB por 41,89 €/mes
  • ADSL / Fibra 50 Mbps + chamadas ilimitadas + 8 GB por 44,89 €/mes
  • ADSL / Fibra 50 Mbps + chamadas ilimitadas + 12 GB por 48,89 €/mes

En todas estas propostas converxentes tamén se inclúe o teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles, así como unha liña móbil con 500 MB e 20 minutos de maneira gratuíta. No caso de precisar liñas adicionais pódese disfrutar dun desconto do 30% na tarifa para sempre.

Sobre o autor

Reply