Apple lanza a versión en vermello dos iPhone 8 / 8 Plus

Apple vén de anunciar o lanzamento dos iPhone 8 / iPhone 8 Plus en cor vermello, integrándose no programa Product (RED) cuxo fin é a recadación de fondos para loitar contra a SIDA. Non é a primeira vez que a compañía de Cupertino forma parte deste proxecto, pois xa os iPhone 7 / 7 Plus tiveron unha edición oficial nesa cor.

Lonxe do que puidera parecer, o iPhone X, o actual trebello referencial dentro do portfolio de Apple, non adoptará esta cor, seguindo dispoñíbel unicamente nas dúas cores orixinais, prata e gris espacial.

Os novos iPhone 8 / iPhone 8 Plus en vermello chegan hoxe ás tendas Apple e aos diferentes distribuidores oficiais.

Sobre o autor

Reply