Un Pass para gobernalos a todos: así é a SuperPass de Vodafone

A carreira entre operadoras por ofrecer o maior número de megas/xigas ao mes semella non ter fin. Certo é que non é algo novidoso, máis hoxe queremos falar da volta que lle acaban de dar as de Vodafone á súa “Vodafone Pass”, é para isto acaban de presentar a Vodafone SuperPass.

Se tedes unha tarifa móbil Smart ou Red ou converxentes One S, M e L coa compañía británica, por un suplemento de 14 euros ao mes podedes contratar Vodafone SuperPass e deste xeito poderedes facer uso intensivo de apps de vídeo, música, redes sociais e mapas, sen consumir un só mega do bono contratado. Con este movemento Vodafone case ofrece xigas ilimitados para todas as clientas que os precisen e facer fronte á oferta tan agresiva que lanzou Yoigo recentemente con GB infinitos.

Se pensades que precisades este “chute” de GB, cómpre saber que Vodafone SuperPass xa se pode contratar desde xa mesmo desde a web ou tenda da compañía.

Sobre o autor

Reply