Vodafone amplía datos nalgunhas tarifas e dobra a velocidade na fibra

Vodafone está a preparar o aumento da franquía de datos nalgunha das súas tarifas, en concreto nos plans Red M e Red L, así como na oferta converxente equivalente, One M e One L. Trátase das variantes máis amplas da compañía e tamén as de maior importe mensual.

Así, os plans Red M e One M aumentan en 2 GB de datos, pasando de 10 a 12 GB sen mudar a conta mensual, establecida en 39 euros ao mes para só móbil e 68 euros / mes na alternativa converxente. Hai que lembrar que esta tarifa tamén inclúe chat pass e social pass, polo que nin as aplicacións de mensaxería nin as redes sociais consumen datos desta cantidade, e unha SIM de datos asociada para empregar, por exemplo, nunha tablet ou MiFi.

Por outro lado, os plans Red L e One L pasan de contar con 20 GB a subir a 25 GB por 49 €/mes (só móbil) ou 81 €/mes (converxente), tamén con social pass, chat pass e segunda SIM incluída.

En canto á oferta de fibra, Vodafone tamén está a traballar no incremento da velocidade a partir do mes de xullo: así, as usuarias con 50 Mbps pasarán a ter 100 Mbps, as de 120 Mbps terán 240 Mbps e as de 300 Mbps navegarán a 600 Mbps. Nesta actualización de velocidades só quedarán fóra as que xa disfrutan de 1 Gbps, que non incrementarán a velocidade.

Sobre o autor

Reply