Xa dispoñíbeis os novos Wiko que democratizan o acceso ás pantallas infinitas

Até ahi ben pouco falar de pantallas “infinitas” era falar de modelos de alta gama, pero por sorte para as usuarias cada vez son máis as compañías que achegan esta característica a modelos máis modestos. Un destes fabricantes é Wiko, cuxas novidades neste sentido foron anunciadas durante o Mobile World Congress do pasado febreiro, e que agora chegan ás tendas a través de diferentes canles.

Wiko View Lite

O View Lite é un terminal cun pantalla HD+ de 5,45 polgadas e formato 18:9, que destaca por uns marcos moderados para facilitar o seu uso cunha única man. Leva un procesador de catro núcleos, 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis en 128 GB adicionais a través de tarxetas microSD.

Destaca no apartado fotogáfico, onde Wiko decidiu instalar unha cámara frontal de 16 Mpx para acadar selfies de mellor calidade, mentres que na parte traseira temos unha cámara de 13 Mpx. Outro aspecto a ter en conta é que leva Android puro (aínda que sae á venda con Android 7.1 Nougat e non 8 – Oreo), e que leva NFC e lector de pegadas dixitais, o que permite acceder a funcionalidades como os pagos móbiles.

O Wiko View Lite  está dispoñíbel a través de Orange, tanto para clientes actuais como novos clientes. Pódese adquirir por 4,95 €/mes durante 24 meses coas tarifas Love Familia Total, Love Familia Sin Límites e as tarifas Go Top, Go Up e Go Play; co resto de tarifas pódese mercar por 6,50 €/mes. Ademais, tamén se pode adquirir en outras operadoras do grupo Orange, como Simyo e Jazztel.

Wiko View 2

Por outra banda temos que falar do Wiko View 2, un terminal algo máis ambicioso que sube até as 6 polgadas con formato 18:9 e un prezo moi atraínte: 199 euros.

Este modelo xa integra un procesador de oito núcleos, un Qualcomm Snapdragon a 1,4 GHz, xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD. O sistema operativo que move todo isto é Android 8.0 (Oreo), que ao igal ca no View Lite vén sen personalización do fabricante.

Dispón de lector de pegadas dixitais e de desbloqueo facial, así como de chip NFC e unha batería que se sitúa nos 3000 mAh de capacidade. A cámara principal é de 13 Mpx, con apertura f/2.0 e flash LED, mentres que a frontal é de 16 Mpx, tamén leva flash e dispón de tecnoloxía Big Pixel para aumentar a luminosidade das capturas.

Este modelo pódese mercar no mercado libre desde comezos deste mes.

Sobre o autor

Reply