Novo Huawei Y6 2018, dispoñíbel desde xuño no noso país

Seguindo o camiño de outras marcas chinesas, Huawei está a apostar este ano por inundar o mercado de diferentes alternativas nas mesmas gamas, cada un centrado a un tipo de usuario concreto, malia correr o perigo de saturar ás usuarias como lle pasou a Samsung hai algún tempo.

Tras anunciar o Huawei Y7 2018 hai uns días, agora é a quenda do Huawei Y6 2018, un trebello que tamén ofrece pantalla alongada e desbloqueo facial e características básicas, iso si, con Android 8.0 Oreo de serie.

O novo modelo leva unha pantalla de 5,7 polgadas con formato 18:9 e resolución HD+ (1440 x 720 píxeles). No interior, un procesador Qualcomm Snapdragon 425, con frecuencia de reloxo máxima 1,8 GHz e GPU Adreno 506. A súa RAM é de 2 GB e a memoria interna de 16 GB, aínda que ampliábel con microSD.

A súa batería sitúase nos 3000 mAh de capacidade, e no aspecto fotográfico vén cunha cámara principal de 13 megapíxeles e outra frontal de 8 megapíxeles, o que confirma que cada vez damos máis importancia á cámara de autorretratarnos.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Huawei Y6 2018 estará dispoñíbel a partir do mes de xuño por 149 euros, podéndose mercar en negro, dourado e azul, esta última unha cor de moda no catálogo de Huawei.

Sobre o autor

Reply