O LG K11 chegará ao noso país a partir de xuño

LG vén de anunciar a chegada ao noso país dun dos seus últimos modelos, o LG K11. Trátase do terminal de referencia da compañía dentro da gama máis asequíbel, e poderase mercar a través das canles habituais desde o mes de xuño por 199 euros.

O trebello inclúe unha pantalla IPS LCD In-Cell de 5,3 polgadas con resolución 1280 x 720 píxeles, 277 píxeles por polgada. No interior alberga un procesador octa-core a 1,5 GHz, xunto con 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 2 TB de capacidade. Dispón de lector de pegadas dixitais, a súa batería é de 3000 mAh e leva de serie Android 7.1.2 Nougat.

No apartado fotográfico, o LG K11 incorpora unha cámara traseira de 13 megapíxeles e unha frontal de 8 MPx, que ofrece grana angular para poder facer autorretratos de até 3 persoas á vez. Ademais, tamén leva autofocus por detección de fase (PDAF), até un 13% máis rápido que o enfoque tradicional. Por outra banda, ofrécese unha función chamada Quick Shutter, que permite facer fotografías en moito menos tempo, e un modo “noite plus” que mellora as imaxes en entornos escuros.

Como xa avanzamos, o LG K11 ten un prezo de saída de 199 euros, e poderá mercarse tanto en azul como en dourado.

Sobre o autor

Reply