LG Q7, Q7α e Q7+: os novos gama media de LG

Tras desvelar o seu buque insignia, o LG G7 ThinQ, o fabricante surcoreano vén de anunciar tamén a renovación da súa gama media co lanzamento do LG Q7, o LG Q7α  e LG Q7+, tres modelos que se inspiran no deseño do teléfono referencial mais coas súas prestacións recurtadas. Vexamos as súas características:

Especificacións do LG Q7

  • Pantalla: IPS LCD de 5,5 polgadas con resolución FullHD+ e formato 18:9
  • Procesador: octa core a 1,5 GHz
  • RAM: 3 GB
  • Memoria interna: 32 GB ampliábeis
  • Cámaras: 13 Mpx / 8 Mpx
  • Batería: 3000 mAh
  • Android 8.1 Oreo
  • Outros: protección IP68, USB-C, lector de pegadas dixitais
  • Cores: negro, azul e violeta

Especificacións do LG Q7α

  • Pantalla: IPS LCD de 5,5 polgadas con resolución FullHD+ e formato 18:9
  • Procesador: octa core a 1,8 GHz
  • RAM: 3 GB
  • Memoria interna: 32 GB ampliábeis
  • Cámaras: 13 Mpx / 8 Mpx
  • Batería: 3000 mAh
  • Android 8.1 Oreo
  • Outros: protección IP68, USB-C, lector de pegadas dixitais
  • Cores: negro, azul e violeta

Especificacións do LG Q7+

  • Pantalla: IPS LCD de 5,5 polgadas con resolución FullHD+ e formato 18:9
  • Procesador: octa core a 1,8 GHz
  • RAM: 4 GB
  • Memoria interna: 64 GB ampliábeis
  • Cámaras: 16 Mpx / 8 Mpx
  • Batería: 3000 mAh
  • Android 8.1 Oreo
  • Outros: protección IP68, USB-C, lector de pegadas dixitais
  • Cores: negro, azul e violeta

Modelos semellantes

Os tres modelos son idénticos por fóra, e por dentro apenas se diferenzan no procesador, memorias e na cámara no modelo “plus”. Cómpre destacar o esforzo feito por LG coa pantalla, onde temos un panel de 5,5 polgadas con resolución FullHD+ e formato 18:9.

Como moitos modelos que estamos a ver este ano, os novos trebellos de LG están equipados con intelixencia artificial, empregábel para todo o recoñecemento fotográfico que integra QLens e a parte de audio, onde LG destaca sobre os modelos semellantes da competencia.

Dispoñibilidade e prezo

Os tres modelos cheegarán ao noso mercado en xuño a partir de 179 o modelo máis básico. Do resto de modelos aínda non se coñecen os prezos.

Sobre o autor

Reply