Novo Honor 7S, outra opción básica da marca alternativa de Huawei

Honor, a marca alternativa de Huawei, vén de anunciar o lanzamento dun novo terminal de entrada, o Honor 7S. Trátase dun modelo que chega para seguir completando a serie 7, logo dos Honor 7A e Honor 7C, que xa coñeciamos.

O dispositivo vén con pantalla de 5,45 polgadas con resolución HD+ (1440 x 720 píxeles), adoptando o formato xa estandarizado 18:9 FullView. No interior atopámonos cun procesador moi sinxelo, o MediaTek MT6739, de catro núcleos a 1,5 GHz, xunto con 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, iso si, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

No apartado fotográfico figuran unha cámara traseira de 13 megapíxeles e unha frontal de 5 Mpx, ambas as dúas con flash LED, e como opcións de conectividade temos dual SIM 4G VoLTE, WiFi 802.11 b/g/n, Bluetooth 4.2 e microUSB. A batería queda nos 3020 mAh. Se falamos de software temos que o novo trebello vén Android 8.0 Oreo, aínda que modificado coa interface EMUI 8.0.

Dispoñibilidade e prezo

Honor confirmou que este modelo chegará de maneira oficial no mercado europeo, aínda que polo de agora non desvelou o seu prezo. Tendo en conta as súas prestacións sería de agardar que este sexa de 99 ou 129 euros.

Sobre o autor

Reply