Amena dobra os “gigas” das súas tarifas até o 30 de setembro

Nos últimos anos Amena, a marca low cost de Orange, premia a fidelidade da súa clientela cunha promoción de verán na que aumenta significativamente a franquía de datos incluída en cada tarifa móbil. Como novidade, este ano a a promoción consiste en dobrar os “gigas” en todas as a tarifas de voz.

Esta oferta estival afecta tanto á clientela actual da marca como ás usuarias que contraten estes servizos en verán, e non haberá que facer nada para disfrutala, xa que a súa aplicación é automática. En ambos casos, o aumento de datos manterase até o 30 de setembro.

Deste modo, durante os próximos catro meses, a oferta de Amena queda do seguinte xeito:

  • 4 GB por 6,95 €/mes (logo volve aos 2 GB)
  • 12 GB por 14,95 €/mes (logo volve aos 6 GB)
  • 20 GB por 19,95 €/mes (logo volve aos 10 GB)
  • 50 GB por 24,95 €/mes (logo volve aos 25 GB).

A máis básica leva chamada a 0 céntimos nos que se paga unicamente o establecemento de chamada, mentres que a proposta de 14,95 euros inclúe 100 minutos de voz. As dúas opcións de maior custe levan chamadas ilimitadas, e todas elas sms ilimitados.

Ademais, Amena ofrece a posibilidade de incluír nas tarifas de 20 e 50 GB fibra Orange 50 Mbps (ou ADSL)  pagando unicamente 21 € adicionais ao mes pola cota de liña.

Sobre o autor

Reply