Samsung anuncia a edición “Titanium Gray” do S9+ con 256 GB de almacenaxe interna

Samsung vén de anunciar a posta á venda no noso país dunha edición especial do Samsung Galaxy S9+, que se diferenza do resto pola súa cor prata (Titanium Gray) e por contar con 256 GB de almacenaxe interna.

O novo Samsung Galaxy S9+ Titanium Gray incorpora todas as funcionalidades que xa coñecemos do Galaxy S9+, entre as que se inclúen o escaneo de iris e pegadas dixitais, o recoñecemento facial ou a resistencia á auga e pó segundo o estándar IP68. Así mesmo, tamén leva carga rápida e carga sen fíos e outras prestacións destacábeis no aspecto fotográfico, como a dobre cámara con Dual Aperture ou o modo Super Slow-mo.

Os 256 GB que inclúe esta versión poden ampliarse noutros 256 GB adicionais a través de tarxetas de memoria microSD de até 256 GB. Polo de agora trátase duna versión que se venderá en exclusiva nos centros El Corte Inglés, na tenda en liña de Samsung e través das Samsung Experience Stores por 1049 euros.

Sobre o autor

Reply