O2, a nova marca de Telefónica chega ao noso país con fibra e 20 gigas no móbil por 45 euros ao mes

Cando Pedro Serrahima (o artífice do “milagre Pepephone”) fichou por Telefónica era evidente que o facía para facer un importante lavado de cara na marca e ofrecer un produto de calidade que contase coa satisfacción plena das clientas. O momento chegou onte, cando Telefónica anunciou o lanzamento dunha nova marca para operar no Estado español: O2.

O2, propiedade de Telefónica, é unha marca con longo percorrido en países europeos como Reino Unido e Alemania, onde leva anos operando. Agora chega ao noso país cunha oferta clara e concisa, e contando co “ADN Pepephone”, é dicir, principios para poñer aos clientes no centro.

A oferta básica da compañía é moi sinxela:

  • Só móbil: 20 GB + chamadas ilimitadas + SMS ilimitados por 20 €/mes.
  • Móbil + fibra: 100 Mbps simétricos + móbil (20 GB + chamadas ilimitadas + SMS ilimitados) por 45 €/mes.
  • Liñas adicionais: 10 GB + chamadas ilimitadas + SMS ilimitados por 15 €/mes (máximo 3 liñas)

A oferta que inclúe fibra vai estar dispoñíbel nas 66 cidades establecidas como “zona competitiva” pola CNMC (en Galiza unicamente cumpre esta premisa Vigo). Trátase dos lugares nos que a CNMC considera que hai abondo competencia como para que Telefónica poida ter liberdade de fixar prezos (é dicir, nas que hai cando menos tres redes de fibra ou cable de operadores diferentes).

No resto de lugares (“zona non competitiva”) o prezo será algo máis elevado, concretamente de 58 euros ao mes. De todos os xeitos, aseguraron que traballarán para compensar a estas usuarias para miticar o sobrecuste mentras exista, polo que á hora do lanzamento definitivo da compañía en setembro, logo dun período “beta”, poderíamos ter cambios neste aspecto.

O2 lánzase en fase beta o día 20 deste mesmo mes, e poderase contratar unicamente online a través da web o2online.es

Sobre o autor

No Responses

Reply