Xiaomi abrirá a súa primeira tenda en Galiza na Coruña

No pasado mes de febreiro Xiaomi abriu a súa primeira tenda en Catalunya, logo de ter iniciado o seu despregamento no Estado español cun espazo propio en Madrid e anunciar próximas aperturas en cidades como Valencia, Sevilla ou Bilbao. Pois ben, agora chegou a quenda de Galiza, xa que o fabricante chinés ultima a súa tenda Mi Store no noso país, máis concretamente nas instalacións do Centro Comercial Marineda City, na cidade da Coruña.

Aínda que polo de agora non hai moita información, á vistas das que foron abrindo nos últimos meses e tal e como puidemos comprobar na nosa visita á tenda de Barcelona, as Mi Store son espazos minimalistas cunha estética que lembra moito á das tendas de Apple, e nos que se pode atopar unha amplísimas selección dos produtos que comercializa a compañía.

Ademais dos móbiles que se comercializan de xeito oficial no noso país, e que previsibelmente ocuparán a maior parte da exposición da nova tenda coruñesa, é de imaxinar que tamén disporán dunha importante selecciónde produtos que Xiaomi está a vender (ou venderá proximamente) no Estado español, como a gama de gadgets e accesorios, entre os que se incluén robots, routers, auriculares e até bolígrafos e toallas, entre outras cousas.

A falta de saber cando abrirá a tenda, o certo é que Xiaomi vén pisando forte, aínda que haberá que ver a medio prazo se este modelo de tenda física triunfa e é quen de manter o ritmo fronte a competencia.

Sobre o autor

No Responses

Reply