Yoigo anuncia unha oferta de tarifas exclusiva para empresas

A operadora Yoigo vén de anunciar o lanzamento dunha oferta de tarifas destinadas ás empresas. Trátase dunha ampla gama de opcións e bonos configurábeis orientados a cubrir as necesidades de empresas de mediano e gran tamaño, que ademais contan cunha canle de atención ao cliente independente.

Tarifas Bonos Team

Unha das novidades no mercado ao que se dirixen son os “bonos team”, que permiten deseñarse a medida das necesidades de cada compañía. Ademais, como novidade, Yoigo ofrece a posibilidade de que a propia empresa poida compartir entre os seus usuarios os GB e minutos que consideren necesarios entre os diferentes perfís.

Así, por exemplo, o Bono Team 200 GB permite asociarse até un máximo de 50 líneas móbiles, asignándolles a cada unha os GB que precisen, e o mesmo co Bono Team 100 GB, aínda que neste caso asociábel a un máximo de 20 líneas.

Tarifas Expert

As tarifas Expert oriéntanse a aqueles que queren ter todo no móbil, tanto chamadas nacionais como internacionais, datos, e mensaxes de móbil por menos de 30 euros ao mes por línea. Existen catro modalidades:

  • Expert 2 (11 €): 200 minutos nacional, 100 minutos internacional, 1000 minutos GCU, 5000 sms e 2 GB
  • Expert 5 (20 €): ilimitadas nacional, 100 minutos internacional, 1000 minutos GCU, 5000 sms e 5 GB
  • Expert 10 (23 €): ilimitadas nacional, 100 minutos internacional, 1000 minutos GCU, 5000 sms e 10 GB
  • Expert 30 (29 €): ilimitadas nacional, 100 minutos internacional, 1000 minutos GCU, 5000 sms e 30 GB

Tarifas Connect

Por último, as tarifas Connect están destinadas ás usuarias que só precisan navegación móbil, podendo chegar até os 50 GB.

  • Connect 500 (3 €): 500 MB de tráfico nacional
  • Connect 10 (19 €): 10 GB de tráfico nacional
  • Connect 50 (48 €): 50 GB de tráfico nacional

Con estas propostas Yoigo, como cuarto operador con red propia, pretende cubrir as necesidades dun público ao que non lle prestara demasiada atención até o de agora.

Sobre o autor

Reply