Movistar reforza a rede nos principais destinos e eventos de Galiza

Movistar vén de anunciar melloras na súa rede de móbil en Galiza para dar servizo aos principais destinos turísticos de verán e tamén aos grandes eventos que congregan moitas persoas, co obxectivo de dar resposta ao incremento da demanda de voz e datos derivada da afluencia de visitantes nos meses de verán.

A compañía ampliou a capacidade da rede nun total de 31 estacións, 14 na provincia da Coruña, 12 en Pontevedra e 5 en Lugo, adiántadose á demanda de datos prevista durante os meses de verán. En concreto, na provincia da Coruña aumentouse a capacidade das estacións dos concellos da Coruña, A Laracha, Valdoviño, Oleiros, Ponteceso e Rianxo; na provincia de Pontevedra en Cangas, Moaña, Nigrán, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Vigo e Vilaboa; e na de Lugo en Lugo cidade, Ribadeo e Viveiro.

Así mesmo, tamén reforzou a cobertura móbil 3G e 4G no Festival de Ortigueira celebrado esta fin de semana pasado, e fará o propio co Festival da Luz en Boimorto, coas Festas do Albariño (Cambados), a Festa da Auga (Vilagarcía de Arousa), a Festa da Istoria (Ribadavia) e a Romaría do Naseiro (Viveiro) a través de unidades móbiles para prever a demanda de datos que xeran estas citas. Por poñer un exemplo, no último Festival da Luz celebrado no 2017 Movistar detectou un incremento dos datos nun 600% en 4G, do 40% en 3G e do 94% en chamadas de voz.

Sobre o autor

Reply