Stream e Stream Sport, os novos auriculares sen fíos de Motorola

Motorola vén de presentar os novos auriculares sen fíos Stream, así como a súa versión deportiva Stream Sports, que conforman a gama máis moderna e urbana de auriculares  sen fíos de Motorola, producidos por Binatone. Ambos modelos están pensados para a actividade diaria e para soportar longas xornadas ou adestramentos intensos, e dispoñen dunha funda de carga rápida que se pode levar a calquera lugar.

Os Motorola Stream contan cun sistema DSP integrado para a redución do ruído externo e a cancelación do eco, o que fai que a calidade de son sexa mellor, mesmo en entornos ruidosos como poderían ser as zonas urbanas ou o transporte público. Ademais, pódense usar como son estéreo ou mono.

Entre as súas características destaca a integración cos asistentes persoais de Google e de Apple, o que posibilita a interacción co smartphone a través do micrófono integrado no auricular. Así mesmo, dispón de función mans libres para poder empregar ambas unidades do auricular de forma independente para atender chamadas.

Se falamos do seu deseño, os Stream dispoñen de botóns multifunción para regular o volume, pausar a reprodución ou cambiar de arquivo de audio. Tamén están preparados para soportar as salpicaduras de líquido, o suor e o pó conforme o certificado IP54. Doutra banda, a súa autonomía é de 2 horas en reprodución continua, e cuns minutos de carga volven ofrecer toda a súa potencia.

A versión deportiva difire da primeira na presenza dun soporte para a orella, co único fin de aumenta a suxeción dun maneira máis efectiva durante os adestramentos deportivos.

Os Motorola Stream custan 79 euros en Amazon, mentres que os Stream Sport suben até os 96 euros. Certamente trátase dunha cifra bastante inferior á das alternativas de Samsung (180 €), Huawei (150 €) e Apple (180 €)

Sobre o autor

Reply