Vodafone inicia o despregamento precomercial de 5G en seis cidades

Tras a adxudicación das novas frecuencias levada a cabo hai un par de semanas, Vodafone vén de anunciar o inicio do despregamento precomercial dos primeiros nodos da súa rede 5G NSA na banda de 3,7 GHz en zonas céntricas de Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Bilbao e Valencia.

A aoperadora británica xa ten habilitadas, en colaboración con Huawei, máis de 30 antenas de 5G en ditas cidades, achegando este tipo de cobertura a zonas céntricas, parques tecnolóxicos e zonas universitarias, onde se realizarán os primeiros pilotos desta nova tecnoloxía.

Esta tecnoloxía de quinta xeración permite a descarga de datos da rede con velocidades de até 2,2 Gbps, así como o aumento da rede. Así mesmo, co 5G redúcese a latencia da rede, acadando velocidades de resposta inferiores a 5 milisegundos, o que resulta chave en aplicacións de tempo real como os vehículos autónomos, a realidade virtual, a telemedicina o vídeo Ultra HD (8K) ou o gaming, entre outras.

Nos últimos tempos Vodafone foi implementando diferentes tecnoloxías que lle permitiron avanzar no desenvolvemento do 5G. Así, en febreiro de 2017 presentou a primeira rede comercial de NB-IoT con máis de 1.000 estacións de rede actualizadas a esta tecnoloxía que permiten, á súa vez, conectar máis de 100.000 dispositivos IoT cada unha. Ademais, en xuño de 2017 Vodafone realizou a primeira chamada 5G do mundo, entre Castelldefels (barcelona) e Madrid.

Espectro dispoñíbel

Tras a última subasta de licenzas, Vodafone conta con 90 MHz de espectro contiguo na banda de 3,7 GHz, aos que se engaden outros 20 MHz TDD dispoñíbeis na banda de 2,6 GHz. Todo isto convirte a Vodafone no operador que máis espectro ten para ofrecer os novos servizos de 5G.

Sobre o autor

Reply