Cada vez son máis os fabricantes que apostan por eliminar o conector de audio jack de 3.5 mm dos seus smartphones, en boa medida orientado ás usuarias a apostar por auriculares sen cables que se conecten a través de Bluetooth. Porén, conscientes de que aínda son moitas as persoas que se resisten a prescindir dos seus auriculares con cable, moitos inclúen un adaptador USB-C a jack que permite conectar os cascos de forma sinxela.
Pero… que pasa se queremos escoitar música e cargar a batería á vez? Pois que temos un problema. Para darlle solución a este inconvinte Sony anunciou, xunto cos últimos modelos Xperia (que levan USB-C e carecen de jack 3.5) un adaptador “2 x 1”, que permite precisamente conectar uns auriculares por cable e cargar o teléfono á vez.
Cun prezo que ronda os 20 euros, este adaptador é – a diferenza de moitos semellantes low cost que se poden atopar en webs como Amazon – compatíbel coa carga rápida e manten a calidade do son, un punto no que o fabricante nipón ten bastante experiencia. Polo tanto, trátase dunha boa alternativa se temos un modelo que carece de jack de audio e temos este problemiña.
En calquera caso, segundo as probas realizadas por The Verge, este adaptador de Sony non funciona correctamente con todos os teléfonos, o que se explica polo uso de diferentes estándares de saída de audio. Así, ademais dos trebellos Sony Xperia, a páxina confirmou que funciona correctamente en modelos como o Huawei P20 Pro, o Motorola Moto Z3 Play ou o Xiaomi Mi Mix 2S, mentres que no HTC U12 Plus, Google Pixel 2 e Google Pixel 2 XL o audio nun funcionaba.
Se vos interesa este accesorio podedes mercalo diractamente na web de Sony por 19,99 euros.
Négome a comprar un teléfono sen jack 3,5 e empeorar a calidade do son e a practicidade.
Levar un adaptador para poder cargar e usar cascos de 20€? Vaia timo!
E aínda por riba teño varios cascos, todos de cable, con unha calidade superior a uns equivalentes bluetooth onde aínda por riba tés que pagar no seu custe o módulo e a batería e o cargador dos mesmos. Por 100€ compras uns senheisser boísimos de cable ou uns bluetooth normais…