O caldeiro do lixo intelixente de Xiaomi que quererás ter na túa casa

Máis aló dos smartphones, Xiaomi é unha empresa que deseña e fabrica todo tipo de dispositivos intelixentes, así como tamén accesorios relacionados co mundo da tecnoloxía. A última idea desta marca chinesa é un caldeiro do lixo “intelixente”, un accesorio sorprendente á vez que útil e interesante.

O trebello, que ao cambio custa uns 25 euros, é quen de realizar unha serie de accións, como abrir e pechar por si mesmo cando imos tirar algo nel, grazas a un sensor de detección, así como pechar a bolsa cando detecta que está chea e cambiala por unha nova.

Ademais, o caldeiro do lixo de Xiaomi fai un selado térmico das bolsas, evitando os cheiros e tamén as fugas de líquidos. Unha vez feito  proceso, avísanos mediante unha sinal sonora para que poidamos levala ao colector (iso de momento non o fai 😉 ).

O caldeiro ten unha capacidade de 15,5 litros, e aínda que haxa obxectos que queden por fora é quen de pechar e selar a bolsa; ests bolsas teñen, segundo di o propio fabricante, un deseño especial que evita as roturas, e que imaxinamos que será o xeito de Xiaomi de gañar cartos co caldeiro: vendendo as bolsas.

Polo de agora este novo trebello non se vende no noso país, e pode que tarde en facelo (ou que nin sequera chegue a verderse oficialmente), mais a idea… que vos parece, faríadesvos cun?

Sobre o autor

2 Comments

  1. Rubenix 5 Agosto, 2018 Responder
  2. Luis 6 Agosto, 2018 Responder

Reply