Hoxe chega ao noso país o Xiaomi Mi 8

Xiaomi continúa a súa ofensiva europea lanzando un novo smartphone no noso país, o Xiaomi Mi 8, que desde hoxe está dispoñíbel a través da rede de tendas oficiais da marca e de diversos retailers que venden os seus produtos. Trátase do actual buque insignia da compañía, un modelo que destaca pola súa folla de especificacións.

O trebello integra unha pantalla AMOLED de gran tamaño, concretamente 6,21 polgadas con formato 18.7:9 e resolución FullHD+ (2280 x 1080 píxeles). No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 845 con GPU Adreno 630, xunto con 6 GB de memoria RAM e tres opcións de memoria interna a elixir: 64, 128 ou 256 GB.

No apartado fotográfico temos unha cámara traseira dobre formada por dous sensores de 12 megapíxeles, o principal con apertura f/1.8 e o secundario con f/2.0. Do outro lado, na parte dianteira, temos unha cámara de 20 megapíxeles con f/2.0 de apertura.

Completando a ficha de especificacións temos sensor de pegadas dixitais, USB Tipo C, NFC, Bluetooth… e unha batería de 3400 mAh de capacidade, con carga rápida e carga sen fíos. Como sistema operativo leva Android 8.1 Oreo, aínda que camuflada con MIUI 10.

O trebello porase á venda a partir de hoxe en negro, azul, dourado e gris por 499 euros na versión con 4 GB de RAM e 64 GB de memoria interna. Quen precise máis capacidade pode optar polo modelo de 6 + 128 GB, que custa 459 euros.

Sobre o autor

Reply