Fibra e móbil con 20 gigas e ilimitadas por menos de 35 euros: a proposta de Lowi para facer fronte a O2

Vodafone segue a marcar o camiño ao resto de operadoras de cara o inicio de curso ofrecendo unha oferta converxente moi atractiva a través de Lowi, a súa marca de baixo custo. Completa así un portfolio de ofertas que abría o venres pasado co anuncio da inclusión do paquete de televisión sen custe adicional nas tarifas converxentes da operadora británica.

Con esta promoción Lowi rebaixa a súa tarifa converxente máis completa, posicionándose como unha gran alternativa para o estudantado e persoas que non queren complicacións no seu contrato. Esta nova oferta inclúe, por 34,95 €/mes (para sempre):

  • Fibra 50/30 Mbps
  • Móbil con 20 GB e chamadas ilimitadas

Esta proposta está dispoñíbel para contratar até o próximo 15 de setembro, e calquera persoa pode acollerse a ela, ben sexan usuarias actuais da operadora ou novas clientas, e pódese facer tanto a través da páxina web, nos centros MediaMarkt ou no número de atención ao cliente de Lowi.

Esta oferta supón un importante aforro respecto ao prezo habitual, cuxo prezo é de 45 euros ao mes, e vai no camiño de chamar a atención ante a chegada de O2, a nova marca converxente de Telefónica, que comezará a operar no mes de setembro. A alternativa vinculada a Telefónica ofertará por 45 euros ao mes (58 euros nas zonas reguladas) fibra simétrica de 100 Mbps, 20 GB e chamadas ilimitadas no móbil, ademais de teléfono fixo, algo do que Lowi carece.

Sobre o autor

Reply