Os Xiaomi Redmi 6 e Redmi 6A xa se poden mercar no noso país

Xiaomi continúa coa súa aposta europea coa introdución de dous novos modelos, desta vez orientados á gama de produto máis básica. Estamos a falar dos novos Redmi 6 e Redmi 6A, que chegan ás tendas do noso país cun prezo inicial de 119 euros.

Xiaomi Redmi 6

O primeiro deles, o Redmi 6, supón un equilibrio entre potencia e rendemento de batería, ao apostar polo procesador de oito núcleos MediaTek Helio P22, fabricado en 12 nm, o que reduce considerabelmente o consumo enerxético. Leva 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna, e unha pantalla de 5,45 polgadas con formato 18:9.

No apartado fotográfico temos unha cámara traseira dobre, formada por un sensor principal de 12 megapíxeles e outro secundario que queda nos 5 megapíxeles, destinado ao efecto desenfoque.

Este modelo chega ás tendas por 159 euros, estando dispoñíbel en dourado, rosa, azul e gris.

Xiaomi Redmi 6A

Doutra banda, o Xiaomi Redmi 6A leva o mesmo corpo e paantalla que o Redmi 6, pero difire no seu procesador, onde integra un MediaTek Helio A22. A batería queda nos 3000 mAh de capacidade e a súa cámara traseira nos 13 megapíxeles.

O Redmi 6A tamén está dispoñíbel nas tendas do noso país a partir de 119 euros para o modelo máis básico, con 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, aínda que tamén hai unha versión con 2 + 32 GB por 159 euros, para quen precise máis espazo de almacenaxe.

Sobre o autor

Reply