Huawei anuncia o Mate 20 Lite, que presume de intelixencia artificial

Malia ter sido adiantado en numerosas filtracións ao longo das últimas semanas, non foi até hoxe cando Huawei fixo oficial o anuncio do Mate 20 Lite, como preámbulo do lanzamento do Huawei Mate 20, previsto para o día 16 de outubro nun evento que terá lugar en Londres. Co Mate 20 Lite estamos a falar dun modelo de gama media que presume de intelixencia artificial, un topic polo que o fabricante chinés está a apostar moito este ano.

O novo trebello de Huawei está equipado con catro cámaras, dúas na parte frontal e outras dúas na parte traseira. As de diante son de 24 e 2 megapíxeles, e son quen de recoñecer máis de 200 escenarios diferentes organizados en oito categorías; por outro lado, na parte traseira temos a combinación de dúas cámaras de 20 + 2 megapíxeles, moi enfocadas ao efecto bokeh. Así mesmo, a cámara traseira é quen de gravar vídeo en slow – motion, aínda que a 480 fps.

A súa pantalla, que domina case todo o frontal, é de 6,3 polgadas, con ratio 19,5:9 e resolución FHD+ (2340 x 1080 píxeles), e no seu interior alberga o novo procesador Kirin 710, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, que podemos ampliar a través de tarxetas microSD, a diferenza dos actuais buque insignia da compañía.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Huawei Mate 20 Lite chegará ao mercado en tres cores: azul zafiro, dourado e negro. Está previsto que se poña á venda o próximo 10 de setembro, e o seu prezo será, de primeiras, 399 euros. Porén, vendo a tendencia que segue a merca este ano tirando os prezos (P20 Pro, de 899 a 749 €; P20, de 649 a 549 €, ….), é de prever que non ha tardar máis dun mes en quedar por baixo dos 350 euros.

Sobre o autor

Reply