Xiaomi abrirá a súa tenda da Coruña este sábado 8 de setembro

Hai unhas semanas adiantámosvos que Xiaomi traballaba na preparación dunha tenda propia na Coruña, situada nas instalacións de Marineda City. Trátase da primeira tenda da marca que abrirá en Galiza, e será este sábado 8 de setembro ás 11h. cando abra as súas portas.

Con esta apertura, Xiaomi segue ampliando a súa presenza no estado español, onde xa conta con doce Mi Stores autorizadas nun total de seis provincias (Madrid, Barcelona, Granada, Zaragoza e Valencia, ademais da Coruña). Deste xeito, Xiaomi reafirma o seu compromiso de establecerse en territorio europeo.

A nova tenda de Xiaomi na Coruña abrirá cun evento de benvida con varias sorpresas para os primeiros compradores. Así, os 200 primeiros clientes recibirán un agasallo, que pode ser unha Mi Action Camera 4K, unha Mi Band 2, uns Mi Basic Auriculares, un Metal pen ou un Mi Fidget Cube, en función da súa orde de chegada.

Nesta tenda Mi Store venderanse numerosos dispositivos do amplo portfolio da marca, incluíndo os Redmi 5, Redmi 5 Plus, Redmi Note 5 e os recén chegados Mi A2, Mi A2 Lite, Mi 8, Redmi 6, Redmi 6A e Pocophone F1.

Ademais, na tenda da Coruña poderanse atopar produtos da gama Mi Ecosystem, que inclúen dispositivos intelixentes e interconectados, como o Mi Electric Scooter, a Mi Action Camera 4K (e a súa versió nresistente á auga), a Mi Home Security Camera 360º ou a Mi Band 2. Así mesmo, tamén se poderán adquirir nela produtos de audio, como o Mi Bluetooth Speaker, produtos de coidado persoal, como o cepillo de dentes Mi Electric Toothbrush ou outros dispositivos de fogar intelixente, nos que destacan o Mi Air Purifier 2, o Mi Motion-Activated Night Light ou o Mi TV Box.

Sobre o autor

Reply