Google anunciará os novos Pixel 3 o próximo 9 de outubro

Xa hai data para o próximo evento Made by Google, no que con toda seguridade a compañía da gran G anunciará os novos Pixel 3, a súa aposta hardware con Android 9 Pie totalmente puro. Será o próximo 9 de outubro en New York.

Tanto o Pixel 3 como o Pixel 3 XL, os modelos que previsibelmente serán anunciados, foron desvelados en diferentes filtracións que descubriron tanto o seu aspecto físico como a folla de especificacións.

Así, o Pixel 3 leva unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución 2160 x 1080 píxeles e ratio 2:1. A batería  sería de 2915 mAh de capacidade e nas cámaras teríamos un sensor dobre frontal formado por dous sensores de 8 megapíxeles (con apertras de f/1.8 e f/2.2, respectivamente).

Por outra banda, do Pixel 3 XL apúntase a unha pantalla de gran formato, concretamente de 6,71 polgadas con notch e resolución 1550 x 2960 píxeles. O procesador sería o Qualcomm Snapdragon 845, con 6 GB de RAM e opcións de 64 e 128 GB de capacidade interna.

Haberá sorpresas? Certos rumores apuntan a que poderían chegar outros dispositivos hardware, especialmente algúns equipados con Google Assistant. Teremos que agardar aínda algo máis dun mes para saír de dúbidas.

Sobre o autor

Reply